.
+
en realidad, sólo somos gotas contra el suelo.
Lovely Luna.31.7.09
aire novo.
Para ela hoxe foi un dia peculiar,espectacular diría ela.Tivo a sensación de que servía para máis cousas das que ela mesma creía,que podía pasalo xenial e axudar o mesmo tempo.Gústalle a lección que se leva de días coma estes,gústalle saber que eles sente o mesmiño que ela (medo,resignación,indeferenza,alegría,satisfacción)todo xunto.
Como dicir que comezou a camiñar amodo por ese carreiro que a vida ten preparado para ela,disfrutando de cada segundo obtido na subida da satisfacción persoal.Como ó final da tarde sentíase pletorica polo feito,polo aprendido,polo disfrute,por eles.
E logo,como quen no quere a cousa, a escasa hora dese disfrute ten diante dos ollos unha paisaxe descoñecida para ela:aberta,fresca,nova,...A curiosidade dunha pequena cala e logo escaleiras e ese querer saber que se pode encontrar ó outro lado.Subir,mirar e quedarse muda.O que desexara moito tempo ter preto e un pouco máis lonxe unha visión completa dese pequeno paraíso,que todo o mundo cre que ela renega pero é para fora, e da beleza que conten e que posúe ó arredor.
Nun momento de inquietude artística ela parase,observa e dispara.Pregúntase cal sería o resultado e comeza a correr,sentese libre,fresca,nova.
Agora volve a realidade,pensa que quizais algún día pase de novo por ali e se volva a sentir igual,porque o que sente neste preciso momento non é aquel sentimento.Odiase.
Necesito unha bocanada de osixeno puro.
30.7.09
.
"Porque a veces,lo que pudiera parecer una rareza,algo impuro,no es sino una belleza diferente,que no sabemos aceptar." (federico moccia)
26.7.09
¿Voltamos de novo?Non.
Ficou un só instante,pasou de largo sobre aquelo que quixo e buscou algo diferente no seu ollar e fixolle pensar o leda que se encontra por ter o que ten.Pero,polo outro lado, volveu a recordar un momento que ela tiña gardado no seu pasado e que non quere volver a ter no seu pensamento,por isto se pregunta si estará errando. A resposta máis sinxela para ela ocorreselle entre un mar de dúbidas: debe seguir para diante,a vida segue o seu camiño e con ela as miles de preguntas posíbeis. Como dicían en ningures: ¿Que ocorre cando nos facemos esa pregunta tan complicada e obtemos a resposta que esperabamos?Bueno...Entón é cando comeza a felicidade.
"trocito de rock&roll" (pereza)
25.7.09
Rendida ó lecer.
A viaxe comezou e con ela o disfrute.
A cada persoa lle gusta viaxar dunha maneira,uns van ós hoteis e contratan guías para ver os lugares que visitan mais outros (os meus preferidos) adéntranse neses lugares e coñecenos dende dentro perdendose na búsqueda do lugar axeitado e inmortalizando cada momento na súa retina.
Pero hoxe non é o día deses disfrutes,é o día da troula de irte á vila do lado pasar un boísimo anaco de tempo por alí.
¿Que busca ela?¿Que buscan todos?Atopar eses momentos nos cales te encontras cun sonriso de orella a orella e non sabes o por que,só que che pide o corpo esa alegría,ese pequeno xesto que reflexa o noso sentir interior.Pode ser por estar coa mellor compañia posibel para disfrutar,por ter cerca iso que desexas e queres demostrar todo,por calquera cousa...O único que quere e queren sacar dese momento é : felicidade.
"este puede ser un buen comienzo, este puede ser un buen principio" (ismael serrano)
24.7.09
O comezo de ningures.
Ela non sabe como comezar a escribir neste novo lugar.Busca un medio de expresión para os seus pensamentos,para os seus gustos,para ela misma...No mundo real ten todo o que necesita:unha familia marabillosa,unhas amigas para sacarlles o sombreiro,uns amigos en xeral bos e tamen o ten a él,aquel que conseguiu facela sorrir e non preocuparse por a maioría das cousas...Aquel que ó principio a escoitou como amigo e que agora se encontra ó seu lado. Ela non sabe a donde chegara esta viaxe pola súa conciencia,só sabe que dará todo de sí para facela realidade e conseguir,¿quen sabe?,chegar a escribir e fotografíar a súa vida do mellor xeito posíbel. Esa pequena desconocida da as gracias a todos os que a rodean por facela feliz,por pasar os bos e os malos momentos ó seu lado,por conseguir confiar neles e por asegurarse de que ten en bon lugar os seus pensamentos,tanto cando erra como cando non.
Ela.
"miran al cielo y piden un deseo: contigo la noche mas bella.." (ismael serrano)
23.7.09
Suscribirse a:
Entradas (Atom)