.

+

en realidad, sólo somos gotas contra el suelo.

Lovely Luna.

31.8.10

é dese xeito..


Pechar a solapa daquel sobre foi o mellor que puiden facer en tempo.Deixeino alí,entre os meus soños e os meus medos,tapado coa pouco esperanza que soe aparecer nos derradeiros intres dunha vida.Mais minuto a minuto dábame conta de que esa esperanza estaba sendo destruida e substituída por unha capa de indiferenza e resignación propia de tempos anteriores.Seica mirei día a día a evolución desa capa que todo o tapa,mais por agora non serve de nada.

14.8.10

.

Pode ser que os detalles sexan os que definan como é en realidad unha persoa,non?Dícese que por un pequeno detalle non ten por que ocorrer nada,mais que ocorre se cada pequeno detalle se xunta con outros tantos e forman un enorme?Que acaba estoupando na cara.
Isto é o que leva ocorrendo toda a súa vida.Leva fallandolle á xente que ten ao seu arredor durante moito tempo e foi ontes cando todo iso estoupou,sen data de volta.
A incógnita é que dentro de menos dun mes ela vaise da casa,vivir o que se supón que é a súa vida,e nisto non cren nela,non cren no seu soño.Ese mesmo que ás veces non debería estar por enriba dos seus.

12.8.10

agosto,un máis :)


18 luces de neón agardan a entrada noutra dimensión,nese mundo diferente do que tanto se fala.A indiferenza comeza a desaparecer do seu corpo luminiscente e a curiosidade tornase bela ao contemplala de preto.
É fermoso ese momento.

4.8.10

4, agosto




Anda entrando e saíndo todo o día dende fai un mes.As ganas de que saia dunha vez son equivalentes ás ganas de que fale algo cando aparece.Logo,cando escoito o que fai entre ese tempo,danme ganas de ser unha boia e quencer ao sol.Non ten culpa.Eu sí.
As ilusións valen pra vivir dun día para outro,dunha semana para outra,dun mes para outro e ,pode que,dun ano para outro,mais non son para sempre.
Aquí ei quedar namentres vaia e volva,voando a ras do chan ata que me rasque os xeonllos e ver a realidade.Aquí ei estar,como levo toda a miña vida: estando sen ser,ser sen estar;estando por nacer,nacer sen estar.