Pode ser que os detalles sexan os que definan como é en realidad unha persoa,non?Dícese que por un pequeno detalle non ten por que ocorrer nada,mais que ocorre se cada pequeno detalle se xunta con outros tantos e forman un enorme?Que acaba estoupando na cara.
Isto é o que leva ocorrendo toda a súa vida.Leva fallandolle á xente que ten ao seu arredor durante moito tempo e foi ontes cando todo iso estoupou,sen data de volta.
A incógnita é que dentro de menos dun mes ela vaise da casa,vivir o que se supón que é a súa vida,e nisto non cren nela,non cren no seu soño.Ese mesmo que ás veces non debería estar por enriba dos seus.
No hay comentarios:
Publicar un comentario