.

+

en realidad, sólo somos gotas contra el suelo.

Lovely Luna.

31.7.09

aire novo.


Para ela hoxe foi un dia peculiar,espectacular diría ela.Tivo a sensación de que servía para máis cousas das que ela mesma creía,que podía pasalo xenial e axudar o mesmo tempo.Gústalle a lección que se leva de días coma estes,gústalle saber que eles sente o mesmiño que ela (medo,resignación,indeferenza,alegría,satisfacción)todo xunto.
Como dicir que comezou a camiñar amodo por ese carreiro que a vida ten preparado para ela,disfrutando de cada segundo obtido na subida da satisfacción persoal.Como ó final da tarde sentíase pletorica polo feito,polo aprendido,polo disfrute,por eles.
E logo,como quen no quere a cousa, a escasa hora dese disfrute ten diante dos ollos unha paisaxe descoñecida para ela:aberta,fresca,nova,...A curiosidade dunha pequena cala e logo escaleiras e ese querer saber que se pode encontrar ó outro lado.Subir,mirar e quedarse muda.O que desexara moito tempo ter preto e un pouco máis lonxe unha visión completa dese pequeno paraíso,que todo o mundo cre que ela renega pero é para fora, e da beleza que conten e que posúe ó arredor.
Nun momento de inquietude artística ela parase,observa e dispara.Pregúntase cal sería o resultado e comeza a correr,sentese libre,fresca,nova.
Agora volve a realidade,pensa que quizais algún día pase de novo por ali e se volva a sentir igual,porque o que sente neste preciso momento non é aquel sentimento.Odiase.




Necesito unha bocanada de osixeno puro.

No hay comentarios:

Publicar un comentario