.

+

en realidad, sólo somos gotas contra el suelo.

Lovely Luna.

15.4.10

Da túa man...


O tempo pasaba despacio
e deunos a posibilidade de esperar.
Agardei ca porta aberta,
pra ver si volvías.
Aguantei o peso do pecho
pra que entraras na noite.
Non voltaches.Non te busquei.
Andaba na procura do tempo,
aquel que parou por nós,
o que fuxía nas tardes de vrao,
o que fica nas noites de inverno.

8.4.10

azul


O sinal inequívoco do éxito parece esquecerse co seu inusual camiñar.O recordo pasaselle pola cabeza ó adiviñar nas rúas a súa anterior felicidade.Revoan soños no ar cambiando o propior olor da cidade,atopando á súa dona e introducíndose no pensamento.Acomoda o sonriso ós camiñantes e detense ó ver a familiaridade.Outro sonriso e detense o destino,volve atrais e pide,nun só instante,que volva a vista.Perdeuse co seu fitar mais aquela volve.De novo o soño,o desexo recordado e perdido fronte a súa faciana,a súa vida, ó querer.Día e noite,doce fervor.

5.4.10

¿Quen son?

Hoxe estivo imaxinando a ledicia absoluta nun movemento de cabelo brusco ó son dunha canción de rock&roll.Eu digolle que ás veces as cousas que creemos perdidas tornan a cabeza e volven por onde se foron.Por iso vina feliz coma unha nena, un instante poida que insignificante mais foi complexo.Contiñan melancolía os seus ollos,creo que aínda tiña algo de forza agochada nas comisuras dos beizos mais os seus beixos aparentaban anhelar dabondo.Maña estará cansada mais penso que vai tentar á felicidade un día máis.É cuestión de traballo isto de vivir, aínda que... Quen me vai facer caso a min?