Hoxe estivo imaxinando a ledicia absoluta nun movemento de cabelo brusco ó son dunha canción de rock&roll.Eu digolle que ás veces as cousas que creemos perdidas tornan a cabeza e volven por onde se foron.Por iso vina feliz coma unha nena, un instante poida que insignificante mais foi complexo.Contiñan melancolía os seus ollos,creo que aínda tiña algo de forza agochada nas comisuras dos beizos mais os seus beixos aparentaban anhelar dabondo.Maña estará cansada mais penso que vai tentar á felicidade un día máis.É cuestión de traballo isto de vivir, aínda que... Quen me vai facer caso a min?
No hay comentarios:
Publicar un comentario