.

+

en realidad, sólo somos gotas contra el suelo.

Lovely Luna.

30.6.10

onde?alí...





É de poucas palabras,ela xa o sabe.A maioría das veces acaba dicindo calquera cousa porque ao fin e ao cabo non sabe si o que realmente pensa lle valdrá de algo.Tamén depende da persoa que se atope ao outro lado dos seus ollos e ao medo que teña de perdela nese momento.Mais non debería haber tal medo agochado nela,tería que relucir a seguridade de falar con alguén importante para o seu pequeno corazón azul.Este foi o que escolleu a cada "alguén",daralle a oportunidade de comezar.

Alí quedará o sentimento,afogado nas augas turquesas.Alí quedará ese sentimento,gardado por millóns de graos.

28.6.10

san xoán '10




Non atopa a explicación exacta de todas as cousas que ocorreron en tres dias e tres noites.Ao comezo parecía díficil superar certos momentos pero visto dende hoxe,superaronse de máis.Pode que se fixeran cousas sen pensar,pode que ás veces teña que asumir que é a terceira,pode que houbese momentos para chorar e outros para reír de máis.O único que ten seguro é que eses "pode" pasounos xunto a elas.
Agora é seguro: este foi o principio do final da nosa estancia por aqui,non se sabe o que traeran estes meses,só se sabe que o recordo das primeiras noites de verán perdurará no tempo.

18.6.10

pre-impresión


Estamos preparados para que algo pase de súpeto ou é mellor que nos vaiamos preparando pouco a pouco a un final? Xente que se vai e outra xente que ven,pode que non ahora pero si dentro dus aniños.Cada cousa ten o seu nome : un é morte,algo que nos chegará a todos máis tarde que cedo,pode ser,pero chega;outro é vida,que tamen chega para aportar algo de realidade a este pasar do tempo.Canto nos pode cambiar a ida ou a chegada de alguén a nosa visión do que é estar na Terra? Sabremos afrontar esas realidades? É perder o tempo pensar na resposta,contestarase soa cando estas dúas cousas ocorran e daquela, que pasará? O tempo...

10.6.10

.

Os meus lembrábanse dun rego que cruzaba os campos anegados no inverno.Un día fun na súa busca e atopei aquel andado suco feito polo vello señor tempo.
Cheguei ao seu fin mais non sei canto tardei.Alí, sentín o cheiro do sol na noite relucente.
De contado,comezou a chegar un feble murmurio que parecía non ter présa en chegar onda min.Amosábase tímido ora que se vía no seu camiñar unha leve ledicia.Con medo,dixo ser Cometa.
Agora, lémbrome da sensación de baleiro que me empapou cando vin unha inmensa negrura nos seus ollos.


Para o concurso.Inspirado en Serendipia.