.

+

en realidad, sólo somos gotas contra el suelo.

Lovely Luna.

10.6.10

.

Os meus lembrábanse dun rego que cruzaba os campos anegados no inverno.Un día fun na súa busca e atopei aquel andado suco feito polo vello señor tempo.
Cheguei ao seu fin mais non sei canto tardei.Alí, sentín o cheiro do sol na noite relucente.
De contado,comezou a chegar un feble murmurio que parecía non ter présa en chegar onda min.Amosábase tímido ora que se vía no seu camiñar unha leve ledicia.Con medo,dixo ser Cometa.
Agora, lémbrome da sensación de baleiro que me empapou cando vin unha inmensa negrura nos seus ollos.


Para o concurso.Inspirado en Serendipia.

No hay comentarios:

Publicar un comentario