.

+

en realidad, sólo somos gotas contra el suelo.

Lovely Luna.

31.5.10

30.5.10

a menudo me recuerdas a alguien...


a menudo me recuerdas a mí.

18.5.10

Serendipia



Ao lado de miña casa ,antes, non había outra cousa que non fora terra.Esa terra foi deixándose moldear polo tempo e pola vida.Esa vida andaba agochada nas rodas dos coches,nos zapatos dos raparigos ó ir á escola.Agora xa non hai casi nada.O único que lembran na miña casa é un rego que cruza os campos anegados no inverno e secos no verao,un rego que cando vas andando por el parece que estas noutro mundo.Aínda recordo a última vez que me adenlantei por aquel suco feito polo vello señor tempo:

"Unha brisa andaba a brincar no medio dun gran verde.Namentres os paxariños ían dunha rama á outra do vello castiñeiro e o souto parecía cada vez máis vivo.Recordo como aquela brisa se foi facendo máis suave ata que chegou un momento que non se sentía nada, só o doce cheiro do sol sobre as mazás da miña cesta.O sol comezou a caer e os paxariños fóronse con el,mais a tranquilidade animoume a quedar sentada,agardando un non sei que.E dun momento para outro,comezou a chegar un flebe murmurio;ía pouco a pouco,non tiña présa en chegar xunta miña,amosábase tímido ora que víase nos seu mirar unha fonda inquedanza,a mesma que tiña eu.E de súpeto unha sensación de baleiro empapou o meu corpo e fíxoo libre.O meu corpo navegaba nun río de repouso, animado por un sentimento de ledicia insospeitado,..."

O que pasou naquel tempo aínda non o sei ben. Agardan na miña memoria as sensacións dun momento,mais recordo dun xeito confuso como cheguei á vía do tren e alí de novo fun transportada a un ceo moito mellor do que amosan no mundo real.

15.5.10

terreo neutral





A vista dende a súa fiestra anda cambiando neste días.Agora anda pensando en que a súa vista vai pasar a ser miña dentro de pouco e que cambiará para non volver endexamais. Xa sabe que o cambio é seguro dun momento a outro,pero quere telo ben agochado na faiado do fado.Foi curiosa a maneira que tivo de ollarme cando mo dixo, pode que pola suor do duro camiño ou tamén polo meu calzado,desgastado de tanto correr polo monte.Ela non se imaxina que fóra todo tan difícil,e que segue a selo.Para ela foise,pero para min segue aí.Un día tras outro anda na procura de dicirme que todo é doado e eu teño fe nela,pero non pódoo,non son capaz.Ata que mo dixo antonte,cando pasou un soño pola miña face e non sentín,seguín a ruta dese día.Seguín o agridoce rumor dun inesperado brillo nas caras da miña xente.Seguinme a min por primeira vez e foi.Así foi.A vista dende a miña fiestra é bastante triste nestes días,é a choiva.Ando en terreo neutral.

4.5.10

De novo maio


Pensou que sería o intervalo de tempo perfecto para saber e recoñecer algo do seu interior,pero non.Hoxe dixo, xa está!Non segue polo camiño que pensaba,a verdade é que non vai seguir ningún.Sempre se pode encontrar con ela mesma nalgunha parte de ningures.Alí repensará o pensado e deixarase levar.Será o mellor...