A vista dende a súa fiestra anda cambiando neste días.Agora anda pensando en que a súa vista vai pasar a ser miña dentro de pouco e que cambiará para non volver endexamais. Xa sabe que o cambio é seguro dun momento a outro,pero quere telo ben agochado na faiado do fado.Foi curiosa a maneira que tivo de ollarme cando mo dixo, pode que pola suor do duro camiño ou tamén polo meu calzado,desgastado de tanto correr polo monte.Ela non se imaxina que fóra todo tan difícil,e que segue a selo.Para ela foise,pero para min segue aí.Un día tras outro anda na procura de dicirme que todo é doado e eu teño fe nela,pero non pódoo,non son capaz.Ata que mo dixo antonte,cando pasou un soño pola miña face e non sentín,seguín a ruta dese día.Seguín o agridoce rumor dun inesperado brillo nas caras da miña xente.Seguinme a min por primeira vez e foi.Así foi.A vista dende a miña fiestra é bastante triste nestes días,é a choiva.Ando en terreo neutral.
No hay comentarios:
Publicar un comentario