Serendipia
Ao lado de miña casa ,antes, non había outra cousa que non fora terra.Esa terra foi deixándose moldear polo tempo e pola vida.Esa vida andaba agochada nas rodas dos coches,nos zapatos dos raparigos ó ir á escola.Agora xa non hai casi nada.O único que lembran na miña casa é un rego que cruza os campos anegados no inverno e secos no verao,un rego que cando vas andando por el parece que estas noutro mundo.Aínda recordo a última vez que me adenlantei por aquel suco feito polo vello señor tempo:
"Unha brisa andaba a brincar no medio dun gran verde.Namentres os paxariños ían dunha rama á outra do vello castiñeiro e o souto parecía cada vez máis vivo.Recordo como aquela brisa se foi facendo máis suave ata que chegou un momento que non se sentía nada, só o doce cheiro do sol sobre as mazás da miña cesta.O sol comezou a caer e os paxariños fóronse con el,mais a tranquilidade animoume a quedar sentada,agardando un non sei que.E dun momento para outro,comezou a chegar un flebe murmurio;ía pouco a pouco,non tiña présa en chegar xunta miña,amosábase tímido ora que víase nos seu mirar unha fonda inquedanza,a mesma que tiña eu.E de súpeto unha sensación de baleiro empapou o meu corpo e fíxoo libre.O meu corpo navegaba nun río de repouso, animado por un sentimento de ledicia insospeitado,..."
O que pasou naquel tempo aínda non o sei ben. Agardan na miña memoria as sensacións dun momento,mais recordo dun xeito confuso como cheguei á vía do tren e alí de novo fun transportada a un ceo moito mellor do que amosan no mundo real.
No hay comentarios:
Publicar un comentario