.
+
en realidad, sólo somos gotas contra el suelo.
Lovely Luna.2.10.10
sempre fuches ti,
Ontes foron tres horas longas,de dúbidas,de cóxegas no estómago,de resumo dos casi vinte días fóra. Comprendín que as liñas brancas non son máis que divisións nunha extensión unida por nacemento,igual que ese lugar,que divide alegrías,tristezas,resignacións,soños,confesións e palabras unidas dende o comezo.Mais todos eses minutos de espera,a pesar de todo o bo e o malo do trayecto, foron rematados cun sorriso,coa súa cara a través da ventá,coa miña vida ao baixar trés escalóns.
No coche explicábame que esperaba a miña chamada todas as noites, pedindolle que voltase a por min,que me sacara de alí.Eu supoño que terá gravada na mente a imaxe dunha nena aferrada ao marco dunha porta e chorando ao ver como a súa nai desaparecía nun ascensor,esa imaxe que eu aínda recordo.Mais non ei dicir que a primeira noite non pensei naquel día e en moitos máis.En verdade,son os momentos como aquel ( e outros máis recentes e parecidos) os que fixeron que pouco a pouco os pequeno dedos aferrados a unha porta se fosen soltando e collendo confianza para agarrarse a algo moito máis valioso,ese algo que depara o futuro,ese algo xunto a eles : eu mesma.
Si, é verdade ,sempre tiveches razón.Agora é cando empezo a creer en vós,en elas,en eles,nos que virán,en min.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario