.

+

en realidad, sólo somos gotas contra el suelo.

Lovely Luna.

6.11.10

...

Camiñaba mirando ao ceo,buscando a cor exacta polo parque.Non tiña présa,onte non.O vento acaraciaba o seu ollar,troncaba o tacto das follas ao seu pasar.Xa nada volvía o a ser o mesmo por onde él ía e ,pouco a pouco,o sendeiro desaparecía detrás do seu camiñar, sen posible retorno.
De lonxe ve ás rendidas follas caer sen máis.Por un instante gustaríalle ser unha e danzar co vento ata repousar no chan por sempre.
O tempo estivo quedo durante unha milésima de segundo a mesma que lle trouxo esa imaxe unha vez máis,sen pedilo,sen querelo.

04:58

Cheguei á pola máis alta e sentei.Alí pasaron as horas, envoltas en diferentes tons, no cheiro da herba mollada,no orballo inquedo que me fixo tremer e co cal,pouco a pouco, asentei.
Foi estraña aquela sensación,de saber o que quería,de atoparme ben.
Hoxe quero volver,mollar os pés e subir pola maceira;recoller as impresións e quedar.Alí,no meu oco.Alí,no medio de ningures : retomando un cheiro perdido na memoria da tempo,procurando novas sensacións.

Gracias

E non sabe por qué o fixo,soamente se puxo a pensar e todo comezou a xirar,a non ter sentido,a darlle medo.Mais,de repente,apareceu unha luz,ese algo que lle dixo que as cousas son así,sin máis e que todo o que pasa é por algo.