Camiñaba mirando ao ceo,buscando a cor exacta polo parque.Non tiña présa,onte non.O vento acaraciaba o seu ollar,troncaba o tacto das follas ao seu pasar.Xa nada volvía o a ser o mesmo por onde él ía e ,pouco a pouco,o sendeiro desaparecía detrás do seu camiñar, sen posible retorno.
De lonxe ve ás rendidas follas caer sen máis.Por un instante gustaríalle ser unha e danzar co vento ata repousar no chan por sempre.
O tempo estivo quedo durante unha milésima de segundo a mesma que lle trouxo esa imaxe unha vez máis,sen pedilo,sen querelo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario