Durmin sobre dura rocha e ao despertares o meu corpo non daba resposta.Non pola dor senón pola impotencia da miña mente.Levaba mil e pico noites manexando a situación no subsconsciente,sabendo que cando ocorrera sería do xeito mil e un e o demais non sería máis que proxectos perdidos entre neuronas e impulsos eléctricos.Tiña a cega sospeita de que todo voltaría para non volver e agora sigo na sala de espera do tempo,como paciente que é manexado coma un feble monicreque de la,actuando na antesala do salón principal dunha casa onde a atracción sería a pouca fortaleza do protagonista,intentando atopar o fío correcto e escapar por sempre endexamais do seu acto.
Tirarei cada dura pedra ao mar e durmirei sobre terra primeiro e logo sobre unha pouca de herba que medrará onde non había vida algunha.E coma ela farei,vivirei onde nunca houbo vida,coa posibilidade de xermolar unha flor no horizonte para a fráxil marioneta.
No hay comentarios:
Publicar un comentario