.

+

en realidad, sólo somos gotas contra el suelo.

Lovely Luna.

14.3.11

Cuestión de traxectorias.

"Era sinxelo. Simple como o debuxo dunha liña recta axudado dunha regra."
A nosa cabeza tende ás complicacións e ás reviravoltas. Tende, tamén, a falar con termos e xestos calados,mergullindoos no silenzo dunha mirada...E ,por iso mesmo,todo se fai complexo ; todo se volve negro e non hai mesturas posibles entre polos opostos. É aquí a desgraza.
Escribimos en 200 documentos de Office a posibilidade patentanda fai tempo. Dita posibilidade é a que agora non cadra no círculo (non encaixa o cadrado na circunferencia das 24 horas dos sucesivos días).
Esquecemos datas non ditas,letras do mes de febreiro e números do mes de marzo. Vemos chover máis alá do nosa xanela,coma se fose un reflexo da nosa ialma nese momento e...Aínda, por todo o dito e non dito con silenzos e espazos ao longo de luz e tebras,sorrimos. Facemos ese xesto por inercia,coma querendo que o cristal acepte o noso peso apoiado ; esperando que as gotas de chuvia que percorren o cristal se deteñan e nos escoiten como as nais confidentes e portadoras de vida,frescor e realidade.
Mais todo isto non ten por que ser negativo,xa que logo duns días deixará de chover e todo se volverá máis doado,tanto como o é a liña recta que hai entre nós e a persoa que temos ao noso carón.


"Era complexo. Difícil coma o debuxo das gotas de chuvia nunha noite de marzo."


No hay comentarios:

Publicar un comentario