O único que había naquela noite fría era unha longa estrada,unha rúa a cada lado,numerosos postes cunha luz enriba e ela,camiñando,como non, no deserto momentáneo. Supoñer que o bater das súas palmas no aire fixo ruído é pouco,pois o lugar congregou,en segundos, movementos unísonos detráis das cortinas. De primeiras, poderíase pensar nun motivo para aquel bater : alegría. De segundas, percibíase que non. Era unha cara,unha postura,un todo bastante complexo de explicar.Ela camiñaba si,dunha baldosa vermella a outra,saltando por unha rúa,cruzando a estrada (moméntaneamente) deserta para ir ata a outra e alí seguir. De terceiras,escoitaríase unha palabra : impotencia. E aquel ritual comezou a coller sentido dentro do seu propio sen-sentido. A estrada foi empregada,pasando dito usuario demasiado preto do seu corpo,dela mesma. Supoñendo,de cuartas,que se deu conta de que era un lugar transitado,sentou.E foi daquela,cando unha bágoa rodou pola súa faciana,ata chegar ao asfalto,padecedor de pisadas temporais.
No hay comentarios:
Publicar un comentario