.

+

en realidad, sólo somos gotas contra el suelo.

Lovely Luna.

8.12.10

2




Eu son a que ti eras,non igual pero a mesma.Os soños xuvenís non se esquecen : son aqueles que tí revolvías na túa mente;son estes que teño ante tí.
As décadas,así como as personalidades,son diferentes,tamén os propios soños o son, mais a base sobre os que se asentan é a mesma : vivir.
Pode que me guste a noite e a ti o día,que a miña sombra sexa a túa luz,que o día máis escuro me faiga escribir un relato e que a ti nun día de primavera che salga un poema,que os murmurios non che faigan sentir nada en especial e que o sexan todo á vez,que os meus medos foran superados ,unha e outra vez, pola túa sensatez.
É probábel que a planificación non chegue á miña vida nun tempo ,que non teña a suficiente madurez para entendela,para saber vivila...Mais é o meu xeito.Tí gardabas o teu entre anacos de periódicos e postais,eu ( o meu) entre píxeles,formatos e coiro.
Pode,tamén,que penses que as palabras as leva o vento, mais non sabes que nas noites de tormenta chegan de novo aos meus oídos,lembrándome quen son,o que me dicías,que é o que quero...Non por moito tempo quizais,pero si o suficiente coma para parar as bágoas da distancia,do resentimento,da impotencia a golpe de realidades,das túas...
Non pretendo que me comprendas,soamente busco que te busques,que recordes ( ti) os meus medos para poder ver ( eu) os teus agora,para que te deas conta do que eras e do que eres,de que a seguridade marcou o teu andar,aínda que en máis da metade do recorrido se vexan pasos descontinuos,coma os meus agora,coma tí e máis eu.Diferentes á vez que iguais,nun mundo único,na casa dos soños,da risa e dos contos,dos choros e riñas,da mágoa de perder a beleza das cousas nunha súbita subida de ton desencaixada das cordas da voz,da nosa voz.

No hay comentarios:

Publicar un comentario