.

+

en realidad, sólo somos gotas contra el suelo.

Lovely Luna.

29.12.10

Dilema






Sei que podo.Agora sei que son capaz e ,por iso,son máis débil ca nunca.Aguantar as gañas de abrazar os seus ollos senlleiros na escuridade,de agrandar o seu soriso na penumbra,non foi sinxelo ; en realidade,non o fixen.Dinlle veda solta a algúns impulsos,sen desatalos de todo ; cousa,ao meu pesar,que non fixo efecto.
É complicado o tema dos nós na mente...No corazón. Por moito que tires non se teñen que desfacer e senón o fas,endexamais descobrerás o material,esa corda enteira que perde sentido entre ocos cubertos por ela mesma.Unha pena...Perder iso,digo.
Sei que podo e por iso non podo ; non quero poder estar alí,ao seu lado,e ver unha sombra en vez dunha luz.Non podo. En realidade,sei que podo e por iso quero poder non estar ao seu lado,si ao seu carón.E ver,non sentir...Ver unha e outra vez o meu reflexo na súa pupila despreocupada. E nese momento saber que son capaz e que non son débil,que non me deixou ser outra cousa ca forte.

No hay comentarios:

Publicar un comentario