.

+

en realidad, sólo somos gotas contra el suelo.

Lovely Luna.

30.12.10

Derradeira parada.


Ten unha nova mochila,de tantas das que tivo...Elas que sempre significan o mesmo, aínda que cambien a súa textura,o seu "ser" interno. Xa gardou cousas nela,como a libreta no peto secreto, as gañas no peto dianteiro e unhas poucas de forzas cosidas nos tirantes con esas puntadas que non saen nin cos dentes.Fíos fortes como as forzas. Seica din que lle durará moito tempo esta nova adquisición,polo menos uns catro anos.Pode que non sexa tanto tempo,que a cambie por outra...Gardando esta agora nova na caixa,nesa caixa que todo o garda.
Ela dixo que o camiño deste ano é pedregoso,que así de primeiras non ten boas pintas,para que enganarse,mais sempre ve algo bon logo das penas redondeadas,pode que un campo ou unha pequena rocha,desas feitas para un mesmo,coa silueta e todo...Onde descansar...A onde chegar sen horario previsto pero con itinerario pre-feito.
Comeza hoxe ás 12 o camiño,coma outros máis. Sorte por ningures.

No hay comentarios:

Publicar un comentario