"Bríncame o corazón.Sentín nas pernas desexos de botar a correr pra contarlle a todos a miña boa sorte"
(Memorias dun neno labrego,Xosé Neira Vilas)
Vai diante,mirando cada suco que fan as sombras das árbores agora na noitiña ,escoitando as mesmas cancións dende fai meses.É o seu paseo de sempre,de todos os días,coma o meu. Dende fai unha semana anda caendo no mesmo sitio,na mesma converxencia de rúas,no novo pavimento da praza maior,coma si os seus pés se negasen a dirixir a súa dirección polo centro,esperando un novo camiño, un chan diferente pero vello.
Onte xa non aguantaba máis,levaba tropezando e mancando os nocellos demasiado tempo e ,por iso ,víaselle na cara unha especial confianza,coma si se deixara levar ata o de sempre, sabendo que se ía intentar opoñer ao seu destino diario. E así,pechando os seus ollos deu o derradeiro paso,tropezou e non,non caeu,xa non tivo que tentar buscar os seus esparcidos libros cegada pola vergoña,non. Porque alí,naquela converxencia de paseos atopábase el,o cal lle fixo de apoio, o cal recolleu todo o seu,o cal seguiu o seu camiño,ao cal ela non veu.
Eu si que vin como el se alonxaba,como ao final da costa miraba por ela,polo seu ben...Mais seguira o seu camiño sorprendida por aquel golpe de sorte,por aquela casualidade. Asustada porque a súa voz se quedou desconcertada sen dicir grazas,ruborizada polo ton grave e raspado de outra voz,a del.
Hoxe vovín ,coma sempre,pensando que ela aparecería diante outro día máis,pero curiosamente atopeino,mirando os feixes luminosos do sol nas follas caídas,escoitando unha inusual música e caendo na converxencia dos pasos,no novo pavimento da praza.
Conxuga o destino o verbo tropezar soamente en terceira persoa? Manexa os tropezos que valen a pena? Impide as caídas innecesarias?
[Teño certa curiosidade de si mañá será ela a que non o deixe caer,a que siga o seu camiño ,a que mire dende o alto da costa si o descoñecido coñecido se atopa ben.]
No hay comentarios:
Publicar un comentario