O paso número 2000 do luscofusco trouxo o 2001 e estoutro trouxo o 2002,mais todo se quedo niso,en 2002 pasos,ou non...Naquel momento a valoración do espazo percorrido polos seus corpos non foi positiva porque no fondo camiñaban pensando o por que daquela volta polo frío inverno,polas tenues tebras do momento.
Os meses foron deambulando entre quizais e os seus pasos foron difuminados como a sombra que se resiste ao día nun debuxo de papel seda.Eles creeron que aquelas pegadas quedaran borradas,mais equivocáronse.Penso que non foi a primeira vez,nin a última...
Ás veces,cando é noite e volven a pensas nesas vellas cousas que perduran no tempo,ámbolos dous recorren aqueles metro atopando a calidez das súas meixelas nas puntas dos dedos,coma un recordatorio dunha tarde que sempre foi algo máis ca un simple andar curvilíneo en tres dimensións,algo máis ca unha conversa sen sentido,algo máis ca dour corpos entrelazados por pensamentos e desenlazados polo mundo físico,algo máis...
Podo que sexa imposíbel distinguir unha marca daqueles intres unidos pola continuidade na súa vida actual,no seu vagar diario.Sen embargo,aquel número ( 2002) orienta e pon límite as pasadas do seu garbeo diario pola cidade,polo lonxano lugar onde sitian o seu corpo cada doce e frío día invernal.
Sei que o temor dunha re-conexión failles aumentar a distancia con aquel lugar e as súas lembranzas.Mais saben que é eludible deambular pola nostalxia,polo frío das noites manipuladoras dos soños,polo mundo.E por iso sei que tornarán,non sei o día pero regresarán...E vincularán os seus pasos por sempre,entre sol e neve,entre frío e calor.
Foto de Arantxa A.Bao
No hay comentarios:
Publicar un comentario