.

+

en realidad, sólo somos gotas contra el suelo.

Lovely Luna.

8.12.10

Vellas páxinas,novos sons.


Volvín a ter os soños nas miñas mans,aquelas palabras escritas para un alguén ante a miña nova mirada.Trazos cheos de luz e fermosura,inspirados pola noite e polo son dunhas teclas esquecidas hoxe nun estante.Cal sería o xeito de dicirlle que volva a facelo,que ilumine o seu camiño de escuridade con palabras encrucilladas no ar,con rimas sonoras na tempestade?
-Dalle luz ao camiño,recupera esa parte,revívea,re-sinte o frío e,á vez,o cálido roce do metal,dos soños perdidos entre cintas de tinta e papel estrugado.Recordas os tempos no que mirar ao lonxe regalábache os termos precisos para unha composición?Recordas o momento no cal unha pasada ao teu arredor facía que viras a aquelas especiais persoas e as obsequiaras, no teu encerro, con retratos da súa alma a través de poemas de vida e esperanza?
O tempo...Ese amigo e enemigo ,ás veces,que lle fixo vivir intres neboentos e lúcidos,cheos de pequenas e grandes persoas,de incertidumes e sorpresas ,de mágoa e ledicia. Que pense que o tempo anda á súa contra,sen deixarlle un momento para o seu sentir é pesaroso.
Atopará de novo os versos que voaron da súa boca,dos seus miolos,do seu puño e letra nun regueiro ao son da ilusión,de vellos libros apilados cronolóxicamente no seu corazón,para voltar a ser unha melancólica poetisa dos demais e dela mesma,da natureza enrolada nas lás dos sentimentos,agardando despertares dun soño oitenteiro que non ten por que ser eterno...


[ Desplazaranse vagarosos os ventos do norte na busca das súas esperanzas perdidas,recollendo as vellas desilusións,introducíndolle aire novo nos pulmóns,ese que piden respirar máis ca propia vida.]

No hay comentarios:

Publicar un comentario