Atopeinos frente ao televisor,coa luz apagada,murmurando unha historia e un consello. Si,era el,o pequeno malote do grupo, o chulangas do bloque,o necesitado. Si,era ela,a gran pequena muller,a limitada por natureza nun mundo de felicidade perpetua,arrincada dela por un querido soño,imposible na miña mente, real na súa. E así,coa boca aberta de par en par,cos ollos fóra das órbitas vin consolar,dicir “ non vale a pena”,chorar ao contra-sistema paterno,ao burlador das súas propias caricias. Facíao por ela...A nena das bágoas azuis,dos bailes frenéticos,dos cantos imposibles,dos contos materias... E,¡ así da gusto!,unha sorpresa xa sabida,xa vivida pero nova á vez, neste día de sono, de contas de restar propias de 3º de Primaria e non de 1º de Grao, de caras de flaqueza,de meixelas vermellas e ollos relucintes.
No hay comentarios:
Publicar un comentario